CONFERENCIA DE MARÍA ANTONIA MARTÍ ESCAYOL. PASADOS INCÓMODOS DE HISTAGRA 24-25

Conferencia do Ciclo Pasados Incómodos de HISTAGRA: María Antonia Martí Escayol

 

O venres 29 de novembro de 2024, o Grupo HISTAGRA organiza unha nova conferencia do ciclo Pasados incómodos 2024-2025. Trátase do relatorio presentado pola profesora da universidade autónoma de Barcelona, María Antonia Martí Escayol. O acto será presentado por Stefania Barca e David Soto do Grupo HISTAGRA.

 

María Antonia Martí Escayol é doutora en Historia, escritora, tradutora e profesora titular na Universitat Autònoma de Barcelona (desde o ano 2000). É especialista en humanidades ambientais, historia da época moderna e cultura de Asia Oriental, e actualmente o seu traballo vira ao redor da ecocrítica e as vinculacións entre as prácticas estéticas e a xustiza ambiental.

 

O tema que nos presenta leva por título "O movemento antimina de Coscoesto". En abril de 2013, un amplo grupo de manifestantes amosara un rexeitamento contundente á mina de ouro de Corcoesto. Nesta mobilización participaran veciños e veciñas de Cabanas, Coristanco, Carballo e outros concellos da Costa da Morte.

 

Datos:

 

Data: 29/11/2024

Título: El movimiento antimina de Corcoesto

Relatora: María Antonia Martí Escayol

Hora: 10 h             

Lugar: Aula 13. Facultade de Xeografía e Historia

 

Máis Información:

https://histagra.usc.es/es

histagra@usc.es. Tel. 881971010, ext. 101

Documentos