Comezan os traballos de exhumacion da fosa de Narón. Fase II

HISTAGRA coordina os traballos de exhumación da Fosa de Santa María do Val de Narón. Fase II

 

A equipa do Plan de Memoria Democrática en Galicia está a traballar desde o luns día 4 de novembro na fosa de Santa María do Val (Narón), na procura de información que permita confirmar a hipótese de localización da fosa, valorar a súa magnitude e determinar o seu grao de alteración. 

 

A intervención en curso abarca diferentes catas na zona frontal dos nichos localizados ao fondo da parte antiga do cemiterio e unha das esquinas laterais. Seguen a aparecer indicios que apoian a hipótese de localización da fosa nese lugar e falta por ver en que medida afectou a construcción dos nichos á súa integridade.

 

O Plan cuadrienal de Memoria democrática, que ampara estes traballos, integra tres liñas estratéxicas fundamentais das políticas públicas de Memoria Democrática que se pretenden desenvolver ao longo do período (2021-2024), aínda que os seus obxectivos sexan revisables de forma anual. Estas liñas estratéxicas son:

 

- Localización, exhumación das fosas e identificación de vítimas.

- Divulgación de traballos efectuados e resultados conseguidos.

- Recoñecemento dos lugares de enterramento e promoción dos lugares de memoria

 

O contacto cos axentes sociais é imprescindible -no caso que nos ocupa o apoio da Asociación de Memoria Democrática de Ferrol-, e facemos un chamamento a todos/as aqueles/as que desexen exhumar ou investigar fosas relacionadas coa violencia franquista, así como aportar datos relativas ás mesmas.

 

 

Contacto:

 

histagra@usc.es

 

881971010 Ext. 101