HISTAGRA participa na proposta Ciencia á feira
HISTAGRA é un dos impulsores de ciencia á feira
Ciencia á Feira, a proposta de interxeracional de ciencia cidadá do grupo de innovación docente XuvenCiencia do Campus de Lugo da USC, terá unha segunda entrega para o curso 2024-2025 grazas a ser seleccionada na convocatoria de fomento da cultura científica da Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología (FECYT) do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades dirixido por Ana Cabana Iglesia, membro de HISTAGRA.
Ciencia á Feira é un proxecto interxeracional e comunitario de divulgación informal da ciencia que tira proveito de estruturas fortemente asentadas no medio rural: a escola, os concellos, as asociacións e os colectivos veciñais e, por suposto, as feiras, que funcionan como espazos seculares para a actividade económica, pero que tamén desempeñan un papel crucial de sociabilidade, encontro e intercambio de información. As feiras e os mercados desenvólvense de xeito periódico en datas que son coñecidas por todos os habitantes da contorna e que funcionan como reclamo por si sos; teñen a súa orixe na sociedade labrega, pero manteñen a súa vixencia no mundo contemporáneo.
Máis información:
https://www.usc.gal/gl/campusterra/novas/ciencia-feira-abordara-sua-edicion-superbacterias-monte-comunal-velutinas-bosques-sumidoiros-carbono