La construcción de la ciudadanía a través de los movimientos sociales. El movimiento obrero en Galicia (1890-1936)
Teses
Autor: Antonio Míguez Macho
Director: Miguel Cabo Villaverde
Ano: 2006
Director: Miguel Cabo Villaverde
Ano: 2006
RESUMO
«A relación entre acción colectiva e construción da cidadanía foi unha constante en determinados movementos sociais contemporáneos, en tanto que a adquisición dos dereitos e deberes consubstanciais ao ser cidadán tivo lugar no marco de procesos de negociación e conflito.
Esta investigación articula un discurso histórico que versa sobre o papel que o movemento obreiro tivo en Galicia na redefinición, extensión e aplicación dos dereitos e deberes de cidadanía. Ao tempo, analiza os cambios económicos e sociais que estaban presentes no mundo urbano galego do primeiro terzo do século XX, as transformacións na cultura artesanal, o despegue de novos sectores económicos que estaban a crear as bases de "un crecemento económico autosostido". Tamén analiza as relacións mantidas polo movemento obreiro con outros actores e movementos sociais que lle foron contemporáneos, tales como o republicanismo, o catolicismo social, o agrarismo ou o nacionalismo, así como o proceso polo que o obrerismo se emancipou dos modelos asociativos patrocinados que deban forma ao clientelismo político. Finalmente, arguméntase como levou a cabo a súa actuación, as estruturas organizativas que configurou, os marcos de acción colectiva que articulou e a acción colectiva que efectivamente emprendeu».