A investigación científica en Galicia (1900-1940). Institucións, redes formativas e carreiras académicas. A ruptura da guerra civil

Teses
Autor: Ricardo Gurriarán Rodríguez
Director: Lourenzo Fernández Prieto
Ano: 2004
 
RESUMO
 
«O traballo reconstrúe e analiza as estruturas de investigación científica que se conformaron en Galicia antes da Guerra Civil, indagando sobre a súa organización, as redes de formación creadas, o seu asentamento e a súa liquidación, así como os itinerarios dos investigadores e do caudal humano que sairá destes centros.
No seu conxunto, a obra demostra que o momento científico de máximo esplendor da institución compostelá naquela época abrangue de 1930 a 1934 coincidindo coa chegada de profesorado novo, a II República e a xestión do Reitor Rodríguez Cadarso. Será neste momento cando a USC vai transformarse cara a unha modernización institucional. Como indicadores deste cambio de orientación da academia compostelá sinálanse o acceso da muller á docencia».