Novas perspectivas para a historia rural

Celebrada en Coímbra a 7ª Conferencia EURHO coa participación de Histagra
Juan Gallego Estremera
Xornalista, alumno do Máster en Historia Contemporánea
Investigadores de Histagra tiveron unha salientable presenza na 7th Biennial Conference of the European Rural History Organisation (EURHO) celebrada en Coimbra entre o 9 e o 12 de septembro. Foron catro días intensos de encontros con colegas, de exploración de proxectos de colaboración e de intercambio de ideas e coñecementos entre os case que 500 investigadores participantes nas sesións, procedentes de 40 países.
O dato de asistencia é un punto relevante, pois a conferencia pasou cos anos de ser basicamente un evento de historiadores europeos, a demostrar unha evidente capacidade de atracción de participantes de outros continentes. E esa evolución cara á globalidad é algo que enriquece as perspectivas dun traballo común cada vez máis interdisciplinario, e permite ademais afondar o impacto das investigacións.
A evolución en disciplinas, metodoloxías e perspectivas é un reflexo dla relevancia da historia rural nol mundo actual, tal e como sinalou Enikő Rüsz-Fogarasi dende a presidencia de EURHO, posto que pasou a ocupar a profesora Dulce Freire para o bienio 2025-2027 polo acordo adoptado ao peche da conferencia de Coímbra. Segundo Rüsz-Fogarasi, nunha época marcada polo cambio climático, a fragmentación social e as
cuestións de sostibilidade, a historia rural ofrece non só unha comprensión máis profunda do pasado, senón tamén ferramentas para a resiliencia no presente e o futuro.
A conferencia estivo articulada en tres sesións plenarias e 124 sesións paralelas, algunas divididas en dous e tres partes, o que dá boa conta do dinamismo dos investigadores irmanados en EURHO. As sesións plenarias tiveron como protagonistas a Inês Amorim (Universidade de Porto) e Richard W. Hoyle (Reading). Nos seus relatorios (o primeiro moderado por Daniel Lanero), expuxeron os resultados dos seus últimos traballos e puxeron de manifesto o xa apuntado sobre a evolución do quefacer dos historiadores e a dinámica de internacionalización.
A terceira sesión plenaria fo unha mesa redonda enfocada a reflexionar sobre os cambios no estudo do pasado rural tras a irrupción de revolucións como a intelixencia artificial, e coa pregunta central de se a historia pode estar a piques de dar un xiro radical.
As sesións paralelas, inabarcábeis pola súa simultaneidade, incluíron cuestións xa clásicas da historia rural como o acceso á terra, a distribución desigual da riqueza, as condicións laborais, revoltas e violencia, pero con novos enfoques sobre el papel da muller, dos migrantes e da man de obra forzada.
Nos centos de artigos presentados viuse plasmado tamén o interese tradicional polas produccións agrícolas, forestais e gandeiras, aínda que igualmente con perspectivas innovadoras da agua, o cambio climático, a producción animal e sobre diferentes cultivos, bosques e plantacións para madeira. Todas e cada unha das sesións serviron para mellorar a comprensión das comunidades e territorios rurais e para abrir novas fiestras ao coñecemento.
As conferencias EURHO non só son un escenario privilexiado para compartir investigacións, son ademais un foro de encontro que forxa conexións por riba de fronteiras, disciplinas e xeracións de investigadores. En palabras outra vez de Enikő Rüsz-Fogarasi: “Xuntos seguimos construíndo non só un campo de estudo, senón unha comunidade intelectual global”.
A presenza de HISTAGRA foi:
Álvarez, Marco A.: Notaries as lenders, A Fonsagrada (NW Spain), 1845-1875
Cabana Iglesia, A. e Otero, U. (2025): Modera a mesa Family Farming from A Gender Perspective in the 20th Century
Giraldez López, A. : -Artificial meadows and dry wetlands: a spatial analysis of the drainage, transformation and recovery of wetlands affected by Franco’s colonisation in A Chaira
Giráldez López, A. The promise of architecture: infrastructure and alternative modernity in the Francoist colonisation of Terra Chá
Parajua Carpintero, N. David Soto Fernández, Enric Tello (2025):. Towards a crisis of reproduction? Exploring family farming and food expenditure in Spain (1980-2021)
Esperante, B. Agricultural tractors and social change in rural communities. Galicia, Spain 1950-2000
Pan-Montojo, J. Mícheál Ó Fathartaig, Daniel Lanero Táboas: Agricultural techno-scientific services and rural society before World War II: precedents for post-war extension services or alternative socio-political devices?
Sanfiz Arias, R. Alberto González Remuiñán. Scientific transfer and co-creation during the 1930s in Atlantic agriculture: the Galician Seed Producers Trade Union
Fernández Blanco, M-. “Cousas de mulleres”: a gendered reading of the newspaper Terra e tempo (1963-1985)
Cabo Villaverde, M. Óscar Bascuñán Añover: organizadores mesa: Rural violences in Europe 1
Cabo Villaverde, M. Antonio Míguez Macho. The contentious Galician: a long-term analysis of violence in a rural society (1850-1950)
Jorge Pereira, J.. From threat to violence: the use of force in the border communities of Tomiño and Vila Nova de Cerveira
Sanfiz Arias, R., Lourenzo Fernández Prieto. The economic life of the peasant: Cruz Gallástegui Unamuno’s vision of environment and the agricultural economy of Galicia (1891-1960)
Soto Fernández, D., David Fontán Bestilleiro, Lucía Santiago Sanmiguel, Roque Sanfíz Arias, Lourenzo Fernández Prieto, Carlos San Clemente Erazo, Nuria Salmerón. The role of local knowledge in building sustainable landscapes. The case of the Barbanza commons (Galicia, Spain) in the past decades
López Fernández, T.. Deconstructing the “black legend”: the rural conflict in Lugo during Franco’s dictatorship
Díaz Geada, A. Alberto José Franco Barrera: organizadores mesa. Lass differentiation processes in contemporary rural societies 1
Ribeiro de Matos, V. . Development of a bibliographic database for the study of class differentiation in the rural world
Soto Fernández, D. .Manuel González de Molina, Gloria Guzmán Casado: Agrarian metabolism: a flow-fund model to analyse agroecosystem services in historical perspective. A case study from Spanish agriculture
Parajuá, N. David Soto Fernández, Enric Tello. Towards a crisis of reproduction? Exploring family farming and food expenditure in Spain (1980-2021)
Gómez Rodríguez, MA.: Popular construction of the wolf´s figure in rural Galicia in the 19th and 20th centuries: community, conflict and class differentiation