Tocadoras do Val do Dubra. Por que non hei de cantare

Fontán Bestilleiro, D. et alii. (2025): Tocadoras do Val do Dubra. Por que non hei de cantare, A central Folque
al do Dubra é un deses lugares que forman parte do maxín de músicos e investigadores interesados na música tradicional galega, tanto pola súa riqueza como por ternos deparado temas fundamentais para o imaxinario colectivo contemporáneo, como “Por que non hei de cantare”. Son moitas as persoas que nos últimos corenta anos se achegaron a realizar gravacións de campo, un proceso que xurdiu, sobre todo, a partir do impulso dado por dúas persoas pioneiras nesa tarefa: Carlos Rey e José Manuel Iglesias “Chiño”.