O regreso das vellas formas de protesta: As eleccións de 1948 na Raia Miñota

Jorge Pereira, N. (2025): “O regreso das vellas formas de protesta: As eleccións de 1948 na Raia Miñota”, Millars. Espai i Història.Número 58. Movilización y resistencias en la España rural, pp. 123-155

Tras case unha década de ditadura, as eleccións municipais de 1948 viñeron a fornecer a imaxe de apertura que o réxime pretendía ofrecer ao exterior. Porén, interésanos coñecer a percepción da mesma a ras de chan. Para iso, escollemos unha comunidade raiana da Galicia rural que antes do 1936 desenvolveu un papel político destacado a través do movemento agrario. O noso obxectivo é descubrir até que punto se produciu unha ruptura da sociedade civil de posguerra, se existiu un retorno ás vellas formas de protesta e se estas pasaban pola existencia dunha cultura da resistencia transmitida a través da memoria.