Lourenzo Fernández Prieto, Judith Carbajo, Francisco Leira Castiñeira e Aurora Artiaga Rego participarán na 17ª Conferencia Internacional de Historia Oral en Bos Aires

Investigadores do grupo HISTAGRA presentarán comunicacións na 17ª Conferencia Internacional de Historia Oral Los retos de la historia oral en el siglo XXI: diversidades, desigualdades y la construcción de identidades que terá lugar en Bos Aires entre os días 4 e 7 de setembro.

Lourenzo Fernández Prieto e Judith Carbajo presentarán a comunicación: “O uso do fondo oral do Proxecto Interuniversitario 'Nomes e Voces'. Estudo de caso: causas e suxeitos da persecución política e a represión na guerra e a ditadura franquista en Galicia (1936-...)”. O estudo da violencia política no maior contexto bélico español centrouse durante moito tempo nos aspectos cualitativos arredor das víctimas e as represións, dado o salto ao cualitativo, a focalizarse só nas vítimas. O colectivo dos represores non só permaneceu protexido por factores diversos senón tamén apartado do obxecto de estudo histórico. Propoñemos explorar as posibilidades de análise para o estudo das motivacións e as lóxicas que animaron as prácticas represivas nunha zona como Galicia donde a rápida e violenta instauración do novo réxime fundamentouse nas prácticas represivas, chegando a conformar e definir ao propio réxime dictatorial. Nos baseamos na perspectiva micro local e na exploración das novas posibilidades de fontes diversas, entre elas, sobre todo o importante fondo oral sobre a represión en Galicia do Proxecto Interuniversitario "Nomes e Voces", para analizar a armazón represiva e das redes locais dos suxeitos represores que axudaron a ir conformando e definindo ao novo réximen franquista. O estudo da natureza das represións franquistas segue sendo punta de lanza na historiografía española sobre a guerra civil e a represión. Este continuo auxe non só é cuantitativo senón, sobre todo, é o que nos interesa trabajar na nosa comunicación, pola posta en valor de novas fontes e por o emprego de instrumentos de análises melloradas e de conceptos máis afinados. Por todo iso, situamos a nosa investigación nun novo achegamento ás fontes orais e documentais que xa foron empregadas para o estudo das vítimas e que, grazas a unha metodoloxía ad hoc que temos desarrollado, podemos obter matices máis axustados da armazón represiva e mesmo de conceptos que se mostrarán máis operativos no noso proceso de estudo de caso dos suxeitos represores.

Os Investigadores Francisco Leira Castiñeira e Aurora Artiaga Rego participarán co estudo "Experiencia e memoria de guerra dos "soldados de Franco". 1936…".

Esta comunicación dá conta dun aspecto da investigación do proxecto "Soldados de Franco... " desenvolvido no Equipo de investigación Proxecto Interuniversitario 'Nomes e Voces' da USC. Na comunicación presentamos primeiro os obxectivos de partida da investigación; en segundo lugar algunhas consideracións e conclusións metodolóxicas sobre o uso da fonte oral neste caso; por último algúns resultados da indagación. Trátase no proxecto de intentar explicar o proceso de socialización dos soldados do bando sublevado durante a guerra civil española e o seu posible papel posterior como apoio da Ditadura franquista. Trátase dun asunto apenas abordado pola historiografía española e no que o que o recurso a fonte oral resultaba esencial e é utilizado á vez que se empregan os ricos fondos documentais militares. A comunicación versa sobre os primeiros resultados do proxecto na dirección indicada. De modo que o uso da fonte oral, ao ser contrastada coas fontes militares serve nuns casos para verificar ou contrastar e noutros para evidenciar o descoñecemento apreciado nas fontes militares respecto de as posicións dos soldados en relación coa guerra en que participan. A oralidade revélase así como vía para indagar o que non está escrito, negar algúns presupostos de partida e confirmar outros. A indagación a partir das fontes orais ofrece pautas para comprender a non socialización dos soldados, negando un dos presupostos de partida.
Conduce ademais a dar unha relevancia especial ao período republicano, anterior ao golpe de estado de xullo de 1936 como tempo fundamental na socialización política dos que despois serán soldados do bando sublevado. Descóbrese o impacto que ten nos mobilizados o coñecemento da represión de retagarda e pódese apreciar tamén unha actitude descomprometida destes cos obxectivos políticos do bando para o que se ven obrigados a facer a guerra.