Consulta o catálogo da exposición "A granxa Agrícola Experimental de Galicia (1888-1964) na nosa sección de publicacións

Xa se pode consultar na Web de Histagra o catálogo da mostra A Granxa Agrícola Experimental de Galicia (1888-1964), comisariada por Lourenzo Fernández Prieto e Xosé A. Fraga Vázquez en 2011. A exposición foi unha iniciativa promovida por Museos Científicos Coruñeses, en colaboración co Concello de A Coruña e Consellaría do Medio Rural da Xunta de Galicia.

Creada en 1888 nas aforas da cidade da Coruña, a Granxa agrícola Experimental foi o primeiro centro de experimentación e difusión de novas técnicas agrícolas creado en Galicia e Asturias. A súa actividade continuou en Monelos ata 1964 e na actualidade esas tarefas desenvólvense no Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo. Asemade, a Granxa formou parte da cidade da Coruña, dos seus espazos e da vida social, con iniciativas tan singulares como a “festa da árbore”.

A aplicación da ciencia ao labor agrícola permitiu importantes logros: a creación da raza rubia galega, a actividade da Estación de Fitopatoloxía, o cultivo do lúpulo, a formación de persoal e a difusión de novidades.
Consultar a publicación

Novas na prensa relacionadas:

Cuando la ciencia y el campo se dieron la mano en Monelos, La Voz de Galicia