Daniel Lanero presentou o libro 'Agriculturas e Innovación Tecnológica en la Península Ibérica (1946-1975)', do que é coordinador xunto a Dulce Freire

O pasado fin de semana Daniel Lanero Táboas presentaba a obra Agriculturas e Innovación Tecnológica en la Península Ibérica (1946-1975), no marco do encontro científico 'Transicións socio-ecolóxicas na agricultura: unha análise comparada entre Europa e América'.

Este libro, coordinado por Dulce Freire (Instituto de Ciências Sociais de la Universidade de Lisboa) e Daniel Lanero (Investigador membro de HISTAGRA), foi editado polo Centro de Publicaciones del Ministerio de Medio Ambiente y Medio Rural y Marino, e trátase do resultado do seminario internacional que, baixo o mesmo título, se celebrou na Universidade de Santiago de Compostela no inverno de 2007.

Documents