Último día do Seminario de traballo da rede ReVolta no Courel

Hoxe venres día 11, o Grupo de Agroecoloxía ReVolta desenvolve no Courel a súa última xornada de traballo no marco do "Seminario Paisaxe e agricultura orgánica no tempo".

Os temas que están a tratar nestas dúas xornadas son:

        As condicións da produción agraria
        A paisaxe agraria como fonte de interpretación, a ocupación e o aproveitamento do espazo
        A lóxica enerxética da produción agraria orgánica
        As marcas do abandono

A rede ReVolta está integrada polos grupos de investigación HISTAGRA (USC), dirixido por Lourenzo Fernández Prieto; COSMERUN (USC), dirixido por Xoán Carlos Carreira; LABORATE (USC), que dirixe Rafael Crecente Maseda; GESPIC (USC), dirixido por Xoán Carmona e GIEEA (UdV).

Documents