Os investigadores Antonio Miguez Macho e Miguel Cabo Villaverde reciben o II Premio de Investigación Histórica Domingo Fontán

Os profesores do Departamento de Historia Contemporánea da USC e membros do Grupo HISTAGRA, Miguel Cabo Villaverde e Antonio Míguez Macho , recolleron o xoves 15 de marzo na Fundación Novacaixagalicia, o II Premio de Investigación Histórica Domingo Fontán polo seu traballo ‘A Cámara agrícola e pecuaria de Santiago (1903-1929): Un espazo de sociabilidade e de poder na Compostela da Restauración’.

No acto de entrega, participaron o reitor Juan Casares e o presidente da Real Sociedade Económica de Amigos de País da Cidade de Santiago (RSEAPS), Juan B. de la Salle Barreiro.

Novas relacionadas:

Acto de entrega do segundo Premio de Investigación Histórica Domingo Fontán

Miguel Cabo e Antonio Míguez recolleron o Premio de Investigación Histórica ‘Domingo Fontán’