O Congreso bianual que celebra a Cátedra Juana de Vega (USC) celebrarase na Coruña

Velaquí tedes o programa do Congreso bianual que celebra a Cátedra Juana de Vega da Universidade de Santiago de Compostela, da que o Profesor Xusto Beramendi é Director.

Este ano celebrarase na Coruña os días 18, 19 e 20 de xullo, baixo o título "Poder e territorio na España do século XIX. Das cortes de Cádiz á restauración".

A Cátedra Juana de Vega decidiu escoller, para esta edición do seu congreso bianual, un aspecto, a cuestión territorial, que probablemente non ocupe un lugar central noutras reunións científicas programadas para este año. Trátase, non só de analizar o deseño da distribución territorial do poder nas Constitucións e no seu desenvolvemento lexislativo, senón tamén de comprobar a súa aplicación efectiva e de contemplar as actitudes de apoio ou de oposición nas rexións/reinos da Monarquía e as súas relacións coas ideoloxías e cos diversos conxuntos de intereses socioeconómicos en presenza. Este achegamento busca un mellor coñecemento, dunha banda, das raíces das estruturas das Administracións Públicas españolas no século XIX e, pola outra, das orixes das tensións rexionais/nacionais que, se ben nesta época no están aínda no primeiro plano da axenda política, si o estarán a partir do derradeiro cuarto dese século e durante todo o seguinte.
 

Documents