Revolta, Rede de Grupos de Investigación en Agroecoloxía e Historia, organiza o seminario: Que futuro para o agro?

Hoxe venres día 3 de febreiro ás 10.00h., dará comezo o seminario-debate: "Que futuro para o agro?", unha iniciativa organizada pola Rede de Grupos de Investigación en Agroecoloxía e Historia, que terá lugar na Escola de Capacitación Agraria Pedro Murias (Vilaframil-Ribadeo).

A Rede de Grupos de Investigación en Agroecoloxía e Historia organiza esta actividade para analizar o estado actual do agro, abordando esta cuestión sen restricións, desde os diferentes puntos de vista existentes no mundo científico e académico: agronomía, economía, agroecoloxía, antropoloxía e socioloxía, bioloxía, tecnoloxía de alimentos, edafoloxía, xeografía, dereito e ciencia política.

Este Seminario que se realizará a porta pechada, contará entre os seus convidados con profesionais de distintos ámbitos: os Investigadores Principais dos Grupos da Rede Revolta: Lourenzo Fernández Prieto (Histagra), Xabier Simón Fernández (Gieea), Xoán Carlos Carreira (Cosmerun), Rafael Crecente Maseda (Laborate) e Xan Carmona (Gespic); xunto ao Catedrático de Historia Contemporánea, Xosé Ramón Villares Paz, o Catedrático en Edafoloxía e Química Agrícola, Francisco Díaz-Fierros; os profesores Xosé Luis Barreiro Rivas, Ana Isabel García Arias, Edelmiro López Iglesias, Felipe Macías amais do ex-presidente da Xunta de Galicia Emilio Pérez Touriño; o arqueólogo Felipe Criado, o arquitecto Manuel Gallego Jarreto e os enxeñeiros Xan López Facal e Francisco Javier López González, entre outros.

Documents