AmpliaciónExposición: 80 anos. Santiago 1936

Esta exposición pretende explicar como, en tan poucos días, Santiago pasou de ser unha cidade en plenas festas do Apóstolo, na que aínda se festexaba o Estatuto de Autonomía de Galicia, ao triunfo do golpe de estado. Como as rúas de Compostela pasaron de ser un espazo de convivencia, pugna e pluralidade democrática, a converterse no escenario do medo, da persecución e da matanza. E queremos facelo cun novo relato elaborado a 80 anos daquel pasado incómodo, feito dende a historia e marcado pola memoria, no que se dea noticia en Santiago de todo o que coñecemos e por que o sabemos.

80 anos. Santiago 1936

Créditos:

Comisariado: Lourenzo Fernández Prieto, Gustavo Hervella García, Alfonso Mato Domínguez, Antonio Miguez Macho, Dolores Vilavedra
Fernández

Produción: HISTAGRA-USC, Concello de Santiago de Compostela

Deseño: Tórculo
Deseño cartel e folleto: Iñaki López. RuralC
Audiovisual: Sumo Comunicación

Colabora:

Arquivo da Universidade de Santiago de Compostela, Biblioteca Xeral da Universidade de Santiago de Compostela, CGAC, Excma. Deputación
Provincial de A Coruña, Fundación Eugenio Granell, Galiciana -Biblioteca Dixital de Galicia, Museo das Peregrinacións e de Santiago

Agradecementos:

Archivo Intermedio Militar Noroeste (Ferrol), Armería Toribio, Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento - CSIC , Museo do Pobo Galego , Luis Guitián Rivera, Ricardo Gurriarán Rodríguez, Augusto Pérez-Alberti , Suso de Toro