Nova publicación do investigador de HISTAGRA Antonio Miguez Macho

Acaba de publicarse o último libro do membro de HISTAGRA Antonio Miguez Macho, Ni verdugos ni víctimas. Actitudes sociales ante la violencia, del franquismo a la dictadura argentina. Unha obra publicada pola editorial Comares.

Esta obra aborda o problema das actitudes sociais ante a violencia desde distintas perspectivas, ofrecendo contrastes que axudan a comprender a complexidade da cuestión máis alá do discurso do franquismo/antifranquismo ou de xuizos de intenciónss. Ni verdugos ni víctimas centra a súa atención en diferentes aspectos do franquismo e achégase tamén á ditadura arxentina, apostando por unha perspectiva global dun tema que aínda late na nosa memoria.

Antonio Míguez Macho (Santiago de Compostela, 1979) é Doutor en Historia da Universidade de Santiago de Compostela (2006), coa tese La construcción de la ciudadanía a través de los movimientos sociales. El movimiento obrero en Galicia (1890-1936). Premio Extraordinario Fin de Carreira no 2001 e Premio Extraordinario de Doutorado. Investigador contratado polo “Programa Ángeles Alvariño” no Departamento de Historia Contemporánea e de América da USC (2008). Na actualidade é profesor do Departamento de Historia Contemporánea e América da USC a través do programa Ramón y Cajal.

Documents