HISTAGRA celebra un coloquio con Ramón Grosfoguel (University of Berkeley)

O próximo mércores 18 de maio as 19:00h. na zona C (rúa San Domingos de Bonaval, n. 1) en Santiago de  Compostela, HISTAGRA celebra un Coloquio con Ramón Grosfoguel, co que abordar a cuestión:“Unha ollada ao decolonialismo. De cara a outras relacións Sur-Norte”.

Ramón Grosfoguel (Porto Rico, 1956)  é un sociólogo, profesor na University of Berkeley (USA), un dos grandes teóricos do decolonialismo, quen sostén que os efectos do colonialismo europeo non cesaron cos procesos de descolonización e e independencia nacional nos séculos XIX e XX, persistindo na cultura e nas formas de pensar. Propón un xiro decolonial que deconstrúa as visións universalistas do coñecemento, partindo dun pluralismo epistemolóxico onde teñan cabida diferentes formas de ver/entender o mundo.

A través deste Coloquio propoñemos este debate como punto de partida doPrograma de Estudos en Man Común, co obxectivo de repensar o papel de Galiza no mundo e da necesidade de acercarse a outros procesos de reivindicación deses pluralismos epistemolóxicos.O coloquio, que é de entrada libre terá lugar na Zona C, unha sala anexa aoMuseo do Pobo Galego, situada na rúa San Domingos de Bonaval, n. 1, enSantiago de Compostela.

Máis información: http://estudosenmancomun.gal/events/coloquio-con-ramon-grosfoguel-unha-ollad  a-ao-decolonialismo/