Ciclo de conferencias "Pasados incómodos: guerra, memoria e historia" 2015-2016

O Grupo de investigación HISTAGRA continúa co ciclo de conferencias Pasados incómodos: guerra, memoria e historia, no que participan especialistas da historia, estudos culturais, socioloxía, xudicatura e do pensamento para analizar o pasado e a memoria, así como o seu tratamento presente.

O Grupo de Investigación HISTAGRA ten como un dos seus principais obxectivos o estudo do golpe de 1936, a Guerra Civil, o franquismo e a transición política en España e neste marco de investigación se desenvolverá o ciclo de conferencias.

Damos continuidade ao ciclo que comezamos en xaneiro de 2014 e que se pode recuperar na súa totalidade aquí e que continuamos en setembro dese mesmo ano aquí

A experiencia investigadora e profesional de cada un dos conferenciantes é contrastada o que supón compartir unha experiencia de investigación e posta en valor dun tema como é o do pasado da guerra e a memoria  que segue a ser un dos vértices das políticas publicas e da investigación histórica. O ciclo servirá para dar a coñecer e difundir novas perspectivas e contrastar puntos de vista e achegas sobre o pasado incómodo e o seu tratamento actual.

Documents