Agricultural History Society 2015 Conference

A investigadora do Grupo HISTAGRA, Alba Diaz-Geada, participou no Agricultural History Society 2015 Conference, celebrado en Lexinton, Kentucky (USA) o pasado 4 de xuño.

Alba Diaz-Geada participou na sesión: Comparative Perspectives on Livestock.

Alba Díaz Geada (1985) é Licenciada en Historia pola Universidade de Santiago de Compostela (2008). Premio Nacional á Excelencia no Rendemento Académico Universitario, realiza Máster en Historia Contemporánea (2009) sendo Bolseira FPU no Departamento de Historia Contemporánea e de América da USC.

As súas liñas de investigación son: historia agraria e historia social, movementos sociais, cambio social e cultural, franquismo e transición á democracia.

Entre as súas publicacións destacan: (2011): O campo en movemento. O papel do sincidalismo labrego no rural galego do tardofranquismo e da transición (1964-1986), Servizo de Publicacións e Intercambio Científico, Universidade de Santiago de Compostela; xunto a LANERO TÁBOAS, D., CABANA IGLESIA, A., SANTIDRIÁN ARIAS, V., e CASTELEIRO TABOADA, A.(2011): Dinámicas políticas de la sociedad rural gallega: entre la agonía de la dictadura y la implantación de la democracia: (1970-1978), no XIII Congreso de la Sociedad Española de Historia Agraria (SEHA), Lleida.

 

 

Documents