Presentación na Coruña do libro "Juan Rof Codina. Renovación na veterinaria e gandaría galega contemporánea" de Diego Conde Gómez

O Colexio Oficial de Veterinarios da Coruña e Edicións Xerais de Galicia organizan a presentación do libro: Juan Rof Codina. Renovación na veterinaria e gandaría galega contemporánea de Diego Conde Gómez.

O acto, que contará coa participación de Xosé Uxío Rey Fernández, presidente do Colexio Oficial de Veterinarios da Coruña, Lourenzo Fernández Prieto, catedrático de Hª Contemporánea da USC, Manuel Bragado, director de Xerais e Diego Conde Gómez, doutor en Veterinaria e autor, terá lugar o xoves 11 de xuño, ás 19:30 h., na sede do Colexio de Veterinarios (R/ da Profesora María Puga Cerdido, s/nº, A Coruña).

Documents