Conferencia de John Markoff (Pittsburg University, USA) na Facultade de Xeografía e Historia

O vindeiro martes 12 de maio, o Profesor John Markoff (Pittsburg University, USA) impartirá a conferencia: Democracia: Cuestiones de hoy y cuestiones de siempre na Aula 13 da Facultade de Historia ás 12 h.
En moitos países democráticos danse debates importantes sobre o estado actual da súa democracia e sobre o seu futuro. Algúns refírense incluso a una crise de democracia. Esta conferencia pretende unha ollada á historia da democracia moderna desde a época revolucionaria do século XVIII permitíndonos entender o papel central de desencanto e de movementos de protesta durante todo este tempo.
John Markoff é Distinguished University Professor da Pittsburg University, USA. A súa investigación céntrase na historia da democratización como proceso multi-continental a través dos séculos. Os seus estudos van desde a Revolución francesa até a democratización de América Latina. Na actualidade a súa investigación atende ás formas en que os movementos sociais e a democratización están entrelazados; os aspectos transnacionais da democratización incluíndo as implicacións da globalización para o futuro da democracia; e as formas en que o significado da democracia ten alterado as loitas sociais.
Ligazón de interese:
http://www.polisci.pitt.edu/person/john-markoff