Conferencia presentacion do libro "Camarada Javier Pradera" de Santos Juliá

O vindeiro xoves día 23 de abril ás 17h, o profesor Santos Juliá (UNED) ofrecerá unha conferencia presentación con motivo da publicación do seu último libro: Camarada Javier Pradera, no Paraninfo da Facultade de Historia.

Santos Juliá toma como eixe central deste libro os dez anos de militancia de Javier Pradera no Partido Comunista de España (1955-1965) para analizar non so a educación política deste intelectual, editor e xornalista que se convertería nun gran defensor dos valores da democracia, senón tamén do contexto histórico deses anos, a evolución política e social dun país e de toda unha xeración: a dos nacidos inmediatamente antes ou durante a guerra civil española, fillos tanto de vencedores como de vencidos, que loitaron xuntos contra o réxime de Franco.

Santos Juliá (Ferrol, 1940) é profesor emérito de Historia Social e do Pensamiento Político de la UNED. Autor de numerosos traballos sobre historia política e social de España no s. XX, entre os seus libros figuran obras tan coñecidas como Los socialistas en la política española (1997), Historias de las dos Españas (2004, Premio Nacional de Historia 2005), Vida y tiempo de Manuel Azaña (1880-1940) (2008), Hoy no es ayer (2010) e Elogio de historia en tiempo de memoria (2011). Igualmente ten publicado en sete volumes as Obras Completas de Manuel Azaña (2007) e coordinou Víctimas de la Guerra Civil (1999), Violencia política en la España del Siglo XX (2000) e Memoria de la Guerra y el Franquismo (2006). É tamén comentarista de política nacional en El País.

Máis información en:

Radio UNED (youtube, 1ªparte)

Radio UNED (youtube, 2ªparte)





 

Documents