Seminario de José Miguel Martínez Carrión (Universidade de Murcia)

Seguindo co ciclo de seminarios histagra, o venres día 17 de abril, ás 10 da maña, o profesor da Universidad de Murcia José Miguel Martínez Carrión ofreceranos o relatorio: Desigualdad, nutrición y brecha rural-urbana en la España contemporánea. Una visión antropométrica.
Este relatorio examina as diferenzas urbano-rurais da estatura durante as primeiras fases da industrialización española. Pretendemos explorar a dimensión da urban penalty e os cambios do benestar biolóxico nas cidades fronte ao mundo rural. Usamos como principal fonte de datos as tallas dos recrutamentos militares entre 1857 e 1936, que nos informan sobre a saúde e a nutrición neta nas cohortes de 1837 a 1915. Sinala que os estudos previos rexistraron unha maior penalización nas zonas rurais que nas cidades e que a talla deteriorouse nas cidades máis industrializadas como consecuencia de ambientes insalubres, do esaxerado emprego infantil e a alta incidencia das infeccións. Os novos datos amosan que en certos ámbitos rurais había un mellor estado nutricional que nalgúns centros urbanos ben provistos de recursos asistenciais; polo tanto, a brecha rural-urbana da estatura foi máis diversa do que pensabamos, por factores non so ambientais senón institucionais.
José Miguel Martínez Carrión (Cartagena, 1957) é Doutor en Historia e Catedrático de Historia e Institucións Económicas da Universidad de Murcia (UMU). Foi fundador e editor (1991-2006) da revista Historia Agraria, revista da Sociedad Española de Historia Agraria (SEHA). Foi secretario xeral electo da Asociación Española de Historia Económica (AEHE) en 2009-2014. As súas principais liñas de investigación están centradas na historia económica e social do mundo contemporáneo.