Lourenzo Fernández Prieto colabora no último tomo da colección España en la Historia Contemporánea

A editorial Tauros en colaboración coa Fundación Mapfre ven de publicar o tomo 3 da colección España en la Historia Contemporánea, baixo o título: España. La apertura al mundo dirixido por Jordi Canal e no que colabora Lourenzo Fernández Prieto co capítulo, “El proceso económico”

España rexurdiu, na década de 1870, do bloqueo que provocaran as guerras civís do s. XIX. Modernidade e tradición ían a dialogar en permanencia entre 1875 e 1930. Este período coincide cos réximes da Restauración –monárquico e de orde liberal aínda que non totalmente democrático- e da ditadura de Primo de Rivera. Neste volume, o terceiro dunha serie de cinco dedicados á historia contemporánea de España, analízase desde múltiples ángulos, do político ao cultural, pasando polo internacional, o económico, o demográfico ou o social.

España. La apertura al mundo, conta coa colaboración do coordinador de HISTAGRA, Lourenzo Fernández Prieto, ademais doutra colaboración do catedrático de Departamento de Historia Contemporánea e América da USC e coordinador de Nomes e Voces, Xosé Manoel Núñez Seixas.