HISTAGRA acada un importante éxito na última convocatoria do Programa Ramón y Cajal (MINECO)

O Grupo de Investigación HISTAGRA acadou un importante éxito na última convocatoria (2013) do Programa Ramón y Cajal do Ministerio de Economía e Competitividade (MINECO).
O Investigador de HISTAGRA Daniel Lanero Táboas foi o primeiro dos oito candidatos seleccionados na Área Científica “Historia y Arte”. É a primeira vez, dende a creación do Programa Ramón y Cajal en 2001, que un investigador/a do Depto de Historia Contemporánea e de América da USC obtén este contrato de investigación.
Daniel Lanero formalizou o pasado mes de novembro un acordo de incorporación coa USC para desenvolver a súa actividade investigadora durante os vindeiros cinco anos no marco do Depto de Historia Contemporánea e de América e do Grupo de Investigación HISTAGRA. Traballará, principalmente, na liña de investigación coa que concorreu á convocatoria: “Movilización política y conflictividad social en el mundo rural español durante el tardofranquismo y la transición a la democracia (1968 – 1982)”
En esta mesma convocatoria o tamén investigador de HISTAGRA, Antonio Miguez Macho, situouse como primeiro candidato de reserva, o que de feito significa que os dous investigadores mellor valorados na Área de coñecemento “Historia Contemporánea” deste prestixioso concurso estatal foron investigadores membros de HISTAGRA.