Alejandro Alonso no ciclo de conferencias 'Pasados incómodos: guerra, memoria e historia'

O vindeiro martes día 16 de decembro de 2014, Alejandro Alonso (CUNY, USA) impartirá a conferencia Cela no tempo de silencio: xenealoxía da república das letras no primeiro franquismo, ás 12h da mañá na aula 13 da Facultade de Historia.


A conferencia que se presenta está baseada na investigación que o profesor Alejandro Alonso ven desenvolvendo desde anos atrás como profesor e investigador no The Graduate Center da CUNY, USA.

Alejandro Alonso (Vigo, 1970) é profesor no The Graduate Center, CUNY de Nova York. Está especializado na historia intelectual do s. XIX e no modernismo en literatura. Na actualidade está a investigar sobre as diferentes facetas do rexionalismo, o nacionalismo e a literatura nas novelas españolas. Tamén traballa nun proxecto sobre a construción de institucións literarias españolas durante o período
modernista

Ligazóns de interese:
http://www.brooklyn.cuny.edu/web/academics/faculty/faculty_profile.jsp?faculty=119
http://histagra.usc.es/gl/nova/0e4dcbff2711/
http://histagra.usc.es/gl/nova/a23ae0843dfb/ http://histagra.usc.es/gl/nova/91541a162213/ http://www.gc.cuny.edu/Page-Elements/Academics-Research-Centers-Initiatives/Doctoral-Programs/Hispanic-and-Luso-Brazilian-Literatures-and-Languages/Profiles/Alejandro-Nogueira http://tv.uvigo.es/es/video/mm/4324.html

Documents