I Curso sobre Agrarismo en Santiago de Compostela

A Fundación Luís Tilve, xunto coa Fundacion Pablo Iglesias, en colaboración coa USC e o Consello da Cultura Galega, celebrará  en Santiago de Compostela os día 1,2,3 e 4 de xullo o I Curso sobre Agrarismo chamado: Entre la revolución y la reforma. Cuestión agraria y asociacionismo rural (1874-1939). No curso abordarase a historia dos movementos agrarios en toda España. Ao mesmo tempo analizaranse as particularidades rexionais dende a aparición do agrarismo en 1874 ata 1939. Celebraranse varias mesas redondas e o curso concluirá cunha visita guiada ao Museo do Pobo Galego e a proxección realizada en 1940 chamada O carro e o home O curso contabilizará como un crédito de libre configuración para os estudantes das facultades de Xeografía e Historia, Ciencias Políticas e Sociais, Económicas e Empresariais da USC e para os alumnos da facultade de Humanidades do campus de Lugo. Programa I Curso sobre Agrarismo PLAZO DE INSCRIPCIÓN: As persoas interesadas en asistir ao curso poden enviar o boletí­n de inscrición ata o 30 de xuño DEREITOS DE MATRÍCULA: Ordinaria: 60 € Reducida: 45 € (estudantes, parados e asociados-afiliados) DIPLOMAS: Ao finalizar o curso entregarase aos asistentes un diploma de asistencia, expedido polo Comité Organizador e homologado pola USC (convalidación dun 1 crédito de libre configuración).