HISTAGRA convida ao profesor Alejandro Alonso do The Graduate Center, CUNY —USA—a unha estadía no Grupo de 2 meses

Alejandro Alonso (Vigo, 1970) é profesor no The Graduate Center, CUNY de Nova York. Está especializado na historia intelectual do s. XIX e no modernismo en literatura. Na actualidade está a investigar sobre as diferentes facetas do rexionalismo, o nacionalismo e a literatura nas novelas españolas. Tamén traballa nun proxecto sobre a construción de institucións literarias españolas durante o período modernista.
A estadía do profesor Alonso, centrarase en:
- Impartir varias sesións de seminario arredor das liñas de investigación que ven desenvolvendo nos últimos anos; neste caso realizaríase cunha orientación máis académica para os alumnos de máster e doutorado.
- Participar no conxunto de actividades académicas que organice HISTAGRA: seminarios de investigación, coloquios, xuntanzas de seguimento do Grupo de Investigación, presentación da actividade do Grupo.
- Coñecer e axudar (na medida do posible) na supervisión de investigacións en curso de alumnos de Máster e de investigadores/as en etapa de doutoramento.
Ligazóns de interese:
http://histagra.usc.es/gl/nova/a23ae0843dfb/
http://histagra.usc.es/gl/nova/91541a162213/
http://www.gc.cuny.edu/Page-Elements/Academics-Research-Centers-Initiatives/Doctoral-Programs/Hispanic-and-Luso-Brazilian-Literatures-and-Languages/Profiles/Alejandro-Nogueira
http://tv.uvigo.es/es/video/mm/4324.html