III Seminario anual da SEHA

En 2010 celebrouse o I Seminario anual da SEHA, que serviu como espazo de encontro e debate entre investigadores de diferentes disciplinas que habitualmente non teñen ocasión de contrastar as súas opinións. A iniciativa tivo continuidade en 2012 e agora a Asociación pretende consolidalo con esta terceira edición. O formato é semellante aos anteriores. Os traballos aceptados preséntanse en sesións de debate onde poden participar todos os asistentes.

A membro de HISTAGRA, Beatriz Corbacho González participa no Encontro do próximo 28 de novembro coa presentación do traballo: “La transición socioecológica de una agricultura atlántica europea: el caso de la agricultura gallega, 1750-1900”

Lugar e data de celebración:
Madrid. Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente (Salón del Actos do edificio da praza de San Juan de la Cruz, 10).
28 de novembro de 2014

Ligazón de interese:
http://seha.info/8.asp?c=7

Documents