V Encontro de Novos Investigadores en Historia Contemporánea AHC

O V Encontro de Novos Investigadores en Historia Contemporánea da AHC pretende seguir contribuíndo á creación dun espazo de traballo que dea cabida ás inquedanzas dos novos investigador@s, ofrecendo a posibilidade de presentar, defender, contrastar e someter a crítica as súas investigacións en curso ou proxectos que se atopan a piques de rematar.

Nesta ocasión, esta mesa propón debater sobre a mobilización social e militar, a experiencia de combate e a posterior reincorporación á sociedade civil dos soldados que participaron nas diferentes guerras que asolaron á Europa da primeira metade do S. XX. Pretendemos debater sobre as consecuencias que tivo tanto a nivel individual como social a participación nun conflito armado, así como na identidade e na construción dunha comunidade nacional.

O membro de HISTAGRA, Francisco J. Leira Castiñeira coordina a Mesa 12 co título Mobilización militar e culturas de guerra na Europa da primeira metade do s. XX do V Encontro de Novos Investigadores en Historia Contemporánea, que se celebrará no mes de xullo de 2015 en Barcelona.

Lugar e data de celebración:
Universitat Autònoma de Barcelona (UAB), Barcelona
15 - 17 de xullo de 2015

Ligazón de interese:
http://historiabcn2015.net/mesas-taller/12-movilizacion-militar-y-culturas-de-guerra-en-laeuropa-de-la-primera-mitad-del-siglo-xx/http://www.ahistcon.org/

Contacto:
EMail: mesa.movilizacionyguerra@gmail.com

Documents