Encontro: Castelao, nova interpretación do seu pensamento

Os próximos días 16, 17 e 18 de setembro celebrarase o encontro Castelao, nova interpretación do seu pensamento no Museo do moble e da Madeira A Estrada. Unhas xornadas dirixidas por Carlos Mella Villar, Presidente da Fundación Castelao.

O obxectivo do Encontro é o estudo do pensamento de Castelao e a súa aplicación á nova realidade galega, constatando a súa vixencia para a análise desa realidade. Está organizado polo UIMP – Galicia e dirixido a estudantes universitarios e de bacharelato.

O membro de HISTAGRA, Lourenzo Fernández Prieto participa no Encontro o día 17 de setembro co relatorio, “¿Que nos queda de Castelao?”

Ligazón de interese:
http://www.uimp.es/agenda-link.html?id_actividad=62FZ&anyaca=2014-15

Contacto:
EMail: galiciasa@uimp.es

Documents