Curso de verán da USC: As fontes documentais para o estudo do monte en Galicia

No mes de setembro, a USC organiza no Campus de Lugo un curso de verán sobre as fontes documentais para o estudo do monte en Galicia. HISTAGRA estará representada a través das conferencias de Ana Cabana Iglesia, “Os consorcios. Os contratos que converteron o monte galego en forestal” e de Araceli Freire Cedeira, “A fonte xudicial, elemento clave para o estudo do monte en Galicia”.
Obxectivos:
Dar a coñecer as fontes documentais relacionadas co espazo forestal custodiadas no Museo Provincial de Lugo e no Arquivo Histórico Provincial de Lugo.
Posta en valor destas fontes para os investigadores e profesionais que dende eidos diferentes tales como as Ciencias Humanas, Sociais e Xurídicas e as ensinanzas técnicas, veñen centrando a súa actividade investigadora e profesional no ámbito forestal (historiadores, enxeñeiros de montes e agrónomos, xeógrafos, antropólogos, etc.)
Amosar a utilidade práctica deste rico patrimonio documental que pola ampla e variada información que proporciona, pode contribuír a deseñar diferentes aspectos relacionados coa organización, uso e xestión sostible do espazo forestal (deseño e racionalización das plantacións forestais; usos axeitados do espazo arborado e de pasto; un coñecemento máis particular do réxime xurídico dos montes galegos e das súas peculiaridades por bisbarras etc.), todos eles en clara conexión con varias das liñas do plan estratéxico do Campus Terra.
Dar conta aos docentes de ensino medio e universitario das posibilidades formativas que ofrece a documentación relativa ao monte como vía para a aprendizaxe na aula das estratexias de artellamento do espazo forestal galego ao longo dos séculos.
Data e lugar de celebración:
4 e 5 de setembro de 2014
Facultade de Humanidades. Campus de Lugo
Museo provincial de Lugo
Arquivo Histórico Provincial de Lugo
Dirección: Gonzalo Francisco Fernández Suárez
Secretaría: Ana Cabana Iglesia
Matrícula: https://matricula.usc.es/LoginX/Login.asp