Estado e agricultura en España (1920-1960): continuidade e cambios IV Workshop do programa “Cooperación y conflicto en el mundo rural”
O período entre 1920 e 1960 estivo marcado en Europa, e especialmente en España, por frecuentes e ás veces, violentos cambios de réximes políticos. Os grupos agrarios que representaban os intereses de terratenentes, colonos e traballadores, fixéronse cada vez máis activos presionando aos gobernos co fin de mellorar as condicións económicas dos seus membros. As súas demandas, que podían variar entre a intervención do mercado, a reforma agraria, a creación de institucións (cooperativas, negociación colectiva, etc…), a inversión do goberno (I & D, proxectos de irrigación, etc…) tiveron un éxito moi variable segundo os países.
O workshop que se propón para os días 17 e 18 de novembro de 2014 no Instituto Figuerola, Universidad Carlos III de Madrid., terá especialmente en conta os traballos que traten os problemas agrarios e a intervención gobernamental que abarquen todo el período estudado. Amais, tamén serán tidas en conta comunicacións sobre momentos máis breves (por exemplo a II República), aínda que estimularemos debates que vaian máis alá das divisións cronolóxicas máis habituais.
Os membros do comité organizador son Juan Carmona (UC3M), Eva Fernández (UC3M) e James Simpson (UC3M). Os membros do comité científico son Juan Pan-Montojo (UAM), Juan Carmona e James Simpson.
Contacto:
juan.carmona@uc3m.es
james.simpson@uc3m.es
Ligazóns de interese:
http://portal.uc3m.es/portal/page/portal/instituto_figuerola/programas/pccmr
http://portal.uc3m.es/portal/page/portal/instituto_figuerola/programas/pccmr/continuidadycambios