Seminario permanente "Rastros y Rostros de la Violencia"

O proxecto “El pasado bajo tierra: Exhumaciones y políticas de la memoria en la España contemporánea en perspectiva transnacional y comparada” do Grupo de investigación Políticas de la memoria, memorias de la violencia e da Asociación Memorias en Red leva varios anos organizando o Seminario "Rastros y Rostros de la Violencia" cunha perspectiva moi ampla e, sobre todo, unha vocación interdisciplinar que ten como obxectivo indagar sobre o estudo da memoria e a política en sociedades contemporáneas.
Polo traballo realizado nos últimos anos polo equipo de investigación de Nomes e Voces (integrado no Grupo HISTAGRA) no referente á represión franquista Lourenzo Fernández Prieto foi convidado a presentar as conclusións da investigación.

Este encontro está organizado en colaboración coa Asociación Memorias en Red, un grupo de investigadores novos que traballan sobre o tema da memoria tanto en España como noutros espazos xeográficos.

Terá lugar ás 12.00h na Sala Ramón Carande (2F8), Centro de Ciencias Humanas y Sociales, CSIC
C/Albasanz, 26-28, Madrid

Ligazóns:
http://politicasdelamemoria.org/
http://politicasdelamemoria.org/conferencias-rastros-y-rostros.htm
http://memoriasenred.es/

Documents