Antonio Miguez participa nas 'XI Xornadas Sociedade e Dereito' que se están a celebrar este mes en Ourense

O vindeiro mércores 23 de abril de 2014, Antonio Miguez participará nas XI Xornadas Sociedade e Dereito. As reformas políticas e administrativas que a España do século XXI necesita, que se celebran en Ourense os días 8, 9, 10, 22, 23, 24 e 25 de abril de 2014.

Miguez presentará o traballo: O debate territorial en España e a  organización do Estado en perspectiva histórica: novos, vellos e vellísimos debates

As xornadas terán lugar no Salón de Graos da Facultade de Dereito da Universidade de Vigo e están dirixidas polo Prof. Dr. José Agustín González-Ares Fernández.

 

Documents