Ramón Villares Paz, colabora no número 200 da revista de cultura Grial

O Catedrático de Historia e primeiro coordinador do Grupo HISTAGRA, Ramón Villares Paz, colabora no número 200 da revista de cultura Grial, co artigo “Actuar desde a cultura. Galeguismo “histórico” e transición democrática”, onde reflexiona sobre a historia da cultura galega e a súa relación coa política durante os últimos 50 anos.
Grial foi fundada en 1951 desde a editorial Galaxia, e tivo que agardar até 1963 para saír á rúa con certa regularidade, tras pasar os atrancos que a censura franquista impoñía ao desenvolvemento cultural. Desde entón foi converténdose nunha das revista culturais referentes de España, sendo a decana das revistas culturais de Galicia.
Neste número 200, propóñennos unha reflexión tanto sobre a historia e a significación da revista neste medio século así como unha reflexión pensando no futuro de Galicia e da súa cultura.

Ligazóns:
http://www.editorialgalaxia.org/catalogo/libro.php?id_libro=0010350200
http://www.editorialgalaxia.org/imxd/libros/doc/139176986200_Sumario_200.pdf
http://www.editorialgalaxia.org/imxd/libros/doc/139176997003_1_Ramon_Villares_G200.pdf
http://www.editorialgalaxia.com/weblog/?p=21110

Documents