O profesor Antonio M. Linares Luján (Universidad de Extremadura) dirixirá a colección “Documentos de trabajo de la SEHA (DT - SEHA)”

Na  reunión da SEHA celebrada en Madrid o pasado 23 de xaneiro (na que participaron os membros de HISTAGRA Lourenzo Fernández Prieto e Miguel Cabo Villaverde), a Xunta directiva decidiu confiar o encargo de dirixir a colección de “Documentos de trabajo de la SEHA (DT - SEHA)” ao profesor  Antonio M. Linares Luján (Universidad de Extremadura) que substitúe a Samuel Garrido.

Esta colección converteuse, co paso do tempo, nunha plataforma de primeria orde para a difusión e discusión por Internet de traballos científicos relacionados coa historia do mundo rural.

A partires de agora, estes traballos deberán ser dirixidos ao seguinte correo electrónico: alinares@unex.es

A colección DT - SEHA acolle textos inéditos sobre calquera aspecto relacionado coa historia agraria, sendo especialmente ben recibidos aqueles que son froito dunha investigación en curso, os que aínda teñen un carácter preliminar, os que presentan novas fontes ou novas series de datos e todos aqueles outros traballos que, pola súa extensión ou polas súas características, son dificilmente publicables en revistas de prestixio.

Xunto á posibilidade de chegar rapidamente ao resto da comunidade científica internacional, a colección DT - SEHA conta con dous puntos amais ao seu favor: Por unha parte, está indexada na “Base RePEc” (Research Papers in Economics), unha evidencia de visibilidade e calidade que é valorada positivamente polas axencias de avaliación da actividade investigadora; por outra banda, a publicación dun traballo nunha colección destas características non esgota o percorrido do mesmo en tanto que son moitas as revistas científicas que consideran que un texto publicado como DT continúa sendo un traballo inédito.

As normas de publicación atópanse na web da SEHA:
http://www.seha.info
http://www.seha.info/43.asp

Ligazón de interese:
http://ideas.repec.org/s/seh/wpaper.html