Seminario HISPONA-USC: 'Los exiliados republicanos y los organismos transatlánticos occidentales: 1940-1961'

Mañá 28 de xaneiro ás 12:00h, no aula do máster de Historia Contemporánea da Facultade de Historia da Universidade de Santiago de Compostela, Olga Glondys (UAB) impartirá o seminario “Los exiliados republicanos y los organismos transatlánticos occidentales: 1940-1961“.

Olga Glondys (1979) é doutora pola Universitat Autònoma de Barcelona (2010), Premio Extraordinario de Licenciatura (Universidad de Cracovia, 2003), investigadora visitante en Center for Latin American Studies de la University of Chicago (2008) e na Hoover Institution de la Stanford University (2009). Membro do Grupo de
Estudios del Exilio Literario (GEXEL) da UAB, nos anos 2011-2013 foi investigadora posdoutoral no Departamento de Humanidades (Historia, Geografía e Arte) da Universidad Carlos III de Madrid. O seu libro La guerra Fría cultural y exilio republicano español: “Cuadernos del Congreso por la Libertad de la Cultura”(1953-1965),
constitúe o primeiro estudo monográfico da actividade do 'Congreso por la Libertad de la Cultura en el seno del antifranquismo'. Actualmente, sigue desenvolvendo unha profunda investigación da actividade deste organismo entre os intelectuais antifranquistas do interior e do exilio. Asi mesmo, ten escrito artigos adicados ao tema da guerra fría cultural estadounidense nos ambientes doutros exilios culturais europeos.

Actualmente forma parte do"Grupo de Investigación en Historia Política e dos Nacionalismos (HISPONA)" da Universidade de Santiago de Compostela.

Máis información sobre a conferenciante en: http://hispona.org/?page_id=2783   http://dialnet.unirioja.es/servlet/autor?codigo=965311