Ciclo de conferencias. Pasados incómodos: guerra, memoria e historia

O Grupo de Investigación HISTAGRA organiza, neste 2014 o ciclo de conferencias PASADOS INCÓMODOS: GUERRA, MEMORIA E HISTORIA, no que participarán especialistas da historia, estudos culturais, socioloxía, xudicatura e do pensamento para analizar o pasado e a memoria, así como o seu tratamento presente.
O Grupo de Investigación HISTAGRA ten como un dos seus principais obxectivos o estudo do golpe de 1936, a Guerra Civil, o franquismo e a transición política en España e neste marco de investigación se desenvolverá o ciclo de conferencias. Dáse continuidade, deste xeito, á experiencia acumulada polo grupo de nomesevoces.net que en 2007 organizou o I Encontro de Grupos de Investigación: Historia e Memoria, onde analizou e compartiu experiencias con especialistas de todo o Estado e en 2010, organizou o Congreso Internacional: Memoria da Guerra, reconciliación e cultura de paz, xunto ao Seminario galego de Educación para a Paz e o FORO 2010.
A experiencia investigadora e profesional de cada un dos conferenciantes é contrastada o que supón compartir unha experiencia de investigación e posta en valor dun tema como é o do pasado da guerra e a memoria que segue a ser un dos vértices das políticas publicas e da investigación histórica.
O ciclo servirá para dar a coñecer e difundir novas perspectivas e contrastar puntos de vista e achegas sobre o pasado incómodo e o seu tratamento actual.
O programa:
11/02/2014
Título: Verdade, Xustiza e Reparación
Relator: Baltasar Garzón
Hora: 12:00 h.
Lugar: Aula Magna. Facultade de Historia
Organizado por: Grupo HISTAGRA, G. I. Pedagoxía Social e Educación Ambiental, Fundación Araguaney e Fundación FIBGAR
07/04/2014
Título: República e guerra civil. A construción da memoria
Relator: Miguel Anxo Murado
Hora: 12: 00 h.
Lugar: Aula 14. Facultade de Historia
10/04/2014
Título: Historia Científica vs. Historia de combate na II República ¿Viño novo en odres novos?
Relator: Ricardo Robledo
Hora: 12: 00 h.
Lugar: Aula 14. Facultade de Historia
20/05/2014
Título: Memoria de la historia, historia de la memoria
Relator: Anxo Loureiro
Hora: 12: 00 h.
Lugar: Aula 14. Facultade de Historia
12/06/2014
Título: Historia por defecto. Os límites político-morais das narrativas de memoria histórica
Relator: Xermán Labrador
Hora: 12: 00 h.
Lugar: Aula 14. Facultade de Historia
19/06/2014
Título: La presencia de lo ausente en el posfranquismo: pacto denegativo y control institucional de la memoria de la Guerra Civil
Relator: Jesús Izquierdo Martín
Hora: 12: 00 h.
Lugar: Aula 14. Facultade de Historia
Os conferenciantes:
Miguel-Anxo Murado
Lugo, (1965), licenciado en historia, escritor e especialista en política internacional.. É autor de máis de vinte libros de ficción e ensaio. Entre este últimos destaca Outra idea de Galicia, volume que deconstrúe os mitos e tópicos historiográficos e populares que a envolven. É colaborador habitual da Cadena SER, a BBC e o xornal The Guardian e La Voz de Galicia. http://www.miguelmurado.com/
Baltasar Garzón
Torres, Jaén, (1955). Xurista, foi maxistrado da Audiencia Nacional e na actualidade é asesor do Tribunal Penal Internacional de La Haya. En 1998 promoveu unha orde de arresto contra Augusto Pinochet pola morte e tortura de cidadáns españois durante o seu mandato. En 2008, Garzón emite o primeiro auto declarándose competente para investigar as desaparicións rexistradas durante a Guerra Civil e os primeiros anos da ditadura franquista.
Xermán Labrador
Vigo, (1980). Profesor asistente no Department of Spanish and Portuguese Languages and Cultures da Princeton University desde 2008. A súa investigación abarca diversos campos: historia literaria e cultural, estudios da memoria, a poesía, os movementos sociais e as culturas urbanas. A área de investigación é a España Moderna e Contemporánea. Foi docente na Universidad de Salamanca e na Universidad de Hamburgo.
http://www.princeton.edu/spo/people/display_person.xml?netid=labrador
Ricardo Robledo
Lumbrales, Salamanca, (1946). Foi profesor da Universitat Autónoma de Barcelona até 1991 e desde esa data catedrático de Historia Económica da Universidad de Salamanca. A súa investigación céntrase preferentemente na análise do capitalismo agrario español, a evolución dos grandes patrimonios e o reformismo agrario. Entre os seus libros destacan, Economistas y reformadores españoles: la cuestión agraria (1760-1935) (1993). Foi editor ou coeditor de El pensamiento económico en la Escuela de Salamanca (1998); Historia de Salamanca. Siglo Diecinueve y Siglo Veinte (2001); Orígenes del liberalismo. Universidad, Política, Economía (2003); Sombras del progreso. Las huellas de la historia agraria (2011). Na actualidade, está a preparar un ensaio sobre o revisionismo en España. http://web.usal.es/~rrobledo/PDF/CV_RicardoRobledo.pdf
Anxo Loureiro
Narón. Doutor e docente de literatura contemporánea española, cine e teoría crítica no Department of Spanish and Portuguese Languages and Cultures da Princeton University e director do mesmo. Anteriormente, foi profesor na Massachusetts-Amherst University e, como profesor visitante, no Amherst College e na Harvard University. http://www.princeton.edu/spo/people/display_person.xml?netid=loureiro
Jesús Izquierdo Martín
Profesor na UAM. Entre os seus traballos, atópanse El rostro de la comunidad (2001), ou La guerra que nos han contado (2006) xunto a Pablo Sánchez León. Foi coeditor dunha obra colectiva que reflexiona sobre o saber histórico e a súa comunicación no século XXI, El fin de los historiadores (2008). É codirector do programa de radio Contratiempo de difusión non académica. http://www.proyectos.cchs.csic.es/fdh/sites/default/files/2-3%20CV%20Izquierdo.pdf