Presentación do libro "Emigrantes, exilados e perseguidos. A comunidade portuguesa na Galiza (1890-1940)" de Dionísio Pereira

Hoxe mércores 18 de decembro ás 20.00h terá lugar a presentación do último libro de Dioníso Pereira: "Emigrantes, exilados e perseguidos. A comunidade portuguesa na Galiza (1890-1940)" de ATravés Editora.
O acto terá lugar na Livraría Ciranda (rua de Travessa 7, Santiago de Compostela) e contará coa presenza do autor, Dionísio Pereira, o Profesor Lourenzo Fernández Prieto e o presidente da Associaçom Galega da Língua (AGAL), Miguel R. Penas.