Lectura da tese de doutoramento de Diego Conde Gómez

O pasado venres día 22 de novembro, o investigador Diego Conde Gómez (HISTAGRA- USC), gañador do premio de ensaio Manuel Murguía da Deputación de A Coruña 2013, realizou a lectura da súa tese de doutoramento, unha obra sobre o sector gandeiro: "Veterinaria e mellora pecuaria na Galicia contemporánea. O papel de Juan Rof Codina".

Esta investigación está dirixida polos profesores da USC José M. Cifuentes Martínez e Lourenzo Fernández Prieto.

RESUMO DA TESE

Os cambios que se produciron no campo galego entre o século XIX e o XX, non pode ser entendido sen o coñecemento da labor de persoas e colectivos, que loitaron por introducir e difundir no noso país os novos progresos técnicos que viñan do resto de España e Europa, sacando a Galicia da crise agraria de fins do século XX Así, neste traballo tomase como base a labor realizada
neste ámbito por Juan Rof Codina para tratar de aportar novos coñecementos sobre o papel que xogou a profesión Veterinaria na mellora pecuaria da Galicia Contemporánea. Tratase de contextualizar á Veterinaria entre a segunda metade do século XIX e a primeira metade do século XX, período no cal prodúcese un dos principais cambios que se levaron a cabo na profesión.

Establecese un estudio crítico e multidisciplinar da figura de Juan Rof Codina (1874-1967) encadrando a súa labor no entorno político e social da sociedade agraria da época e da situación da rexeneracionista da Veterinaria en Galicia e España durante este período.

Ponse en valor, a función que tivo a Escola de Veterinaria de Santiago, dentro de entramado de innovación agropecuaria galega.

Reforzase a idea do carácter diferenzas da “Cuestión Pecuaria”, como ferramenta para explicar os procesos de transformación da agricultura galega, resultado da resolución das necesidades demandadas polas producións pecuarias. Consideramos o papel protagonista da figura do labrego na posta en marcha da innovación tecnolóxica, determinando o éxito/fracaso das propostas técnicas segundo a adaptación as necesidades da economía da súa explotación.Realizase un estudo pormenorizado do proceso de mellora da Raza Rubia Galega, establecendo a selección en pureza como método elixido polos gandeiros fronte á mellora a través de cruzamentos con razas estranxeiras que se propoñían deste as institucións.

Recuperase a memoria gráfica da profesión Veterinaria a través do fondo fotográfico de Rof Codina.

Diego Conde (Ourense, 1977) é Licenciado en Veterinaria pola Universidade de Santiago de Compostela (2000). Membro de Historia Veterinaria Galega (HISVEGA). As súas liñas de investigación son: Historia da Veterinaria e a Gandería; Historia Agraria; Historia da innovación e modernización científica no ámbito agropecuario; Guerra Civil e Franquismo.