Nova Lei de Memoria Histórica en Navarra

Ven de aprobarse no Parlamento de Navarra a nova Lei Foral de recoñecemento e reparación moral das cidadás e cidadáns navarros asasinados e vítimas da represión a raíz do golpe militar de 1936. Una lei pioneira que contribúe ao recoñecemento, a reparación e á reconciliación.

A lei aprobada en Navarra obriga ao Goberno autonómico a "dar apoio económico, técnico e acompañamento psicolóxico" aos familiares dos desaparecidos durante todo o proceso, tamén na fase de investigación e localización de foxas, e a crear un banco de ADN, dependente do Instituto de Medicina Legal de Navarra, no que se conserven mostras de restos óseos das distintas exhumacións de forma que calquera familiar de desaparecido poda acudir a el para cotexar seu perfil xenético.

O Goberno navarro financiará a apertura das foxas da Guerra Civil no seu territorio e tamén as que se atopen fóra da comunidade sempre que un familiar navarro o solicite.

[Fonte información: El País ]