Próxima sesión do ciclo "Cine e historia: cinema, medioambiente e conflito social"

O Ciclo "Cine e historia: cinema, medioambiente e conflito social" organizado polo proxecto de investigación “Mobilización política e conflitividade social nun contexto de grandes cambios: a Galicia rural durante o tardofranquismo e a transición (1960 – 1982) dirixido por Daniel Lanero (USC)” e Nova Escola Galega continúa cunha nova entrega o viendeiro mércores día 20 ás 18.00h, no Salón de Actos da Facultade de Filosofía.

A película que se visionará será La selva esmeralda (1985) do realizador John Boorman. A sesión será introducida pola Profesora de Ensino Secundario, Carme Alvariño Alejadro, quen presentará ao ponente, o tamén profesor de Secundaria Raúl Soutelo Vázquez para que faga as labores de comentarista.

As vindeiras sesións serán:

26 de novembro 18.00h-21.00h              

Aula 14 da Facultade de Xeografía e Historia da USC

Película/documental: Lemoniz. La central fantasma, ETB (2006, 68 min.).
Conferenciante: Alba Díaz Geada, Investigadora do Dpto. de Historia Contemporánea e de América. USC.
Presentación: Ramón López Facal, Profesor da USC.

4 de decembro  18.00h-21.00h            

Salón de Actos da Facultade de Filosofía da USC

Película/documental: A mirada de Anna, de Llorenç Soler e Jorge Algora (2009, 90 min.).
Conferenciante: Xocas Rubido, ecoloxista.
Presentación: Víctor Manuel Santidrián Arias, Profesor de Ensino Secundario.

21.00 h. 22.00 h.

AVALIACIÓN DA ACTIVIDADE, CONCLUSIÓNS E CLAUSURA