Convite Xornada de Portas Abertas ao Sector Forestal no EPS

O vindeiro 6 de maio de 2011, de 9:30 a 13:00 h., celebraranse as Xornada de Portas Abertas ao Sector Forestal na Escola Politécnica Superior de Lugo (Rúa Benigno Ledo s/n, Campus universitario, Lugo).

Durante os días 4 a 6 de maio de 2011 vaise celebrar na Escola Politécnica Superior de Lugo, da Universidade de Santiago de Compostela (Rúa Benigno Ledo s/n, Campus universitario, 27002 Lugo), a III REUNIÓN DO GRUPO DE TRABALLO DE MODELIZACIÓN FORESTAL da SOCIEDADE ESPAÑOLA DE CIENCIAS FORESTAIS, baixo o lema: “Modelización forestal: desde la teoría a la difusión y transferencia de resultados”. Este encontro organizase en sesións científicas de traballo coa presentación de comunicacións e resolución de casos prácticos durante os días 4 e 5, mentras que na mañá do último día, 6 de maio, e a partir das 9:30 horas, celebrarase a “XORNADA DE PORTAS ABERTAS AO SECTOR FORESTAL”, que se centrará na difusión e transferencia de resultados, e á que se está a invitar a empresas, administracións e propietarios interesados na exposición dos avances conseguidos en modelización forestal e á súa utilización práctica, principalmente mediante programas informáticos (simuladores forestais, ferramentas de toma de decisións e similares), como por exemplo SIManFor, CUBIFOR, GesMO©, MPC©, etc. A sesión se completará coa mesa redonda ¿Qué utilidade teñen os modelos para a xestión forestal?, na que contamos coa participación de investigadores, xestores e representantes do sector privado.

A inscrición para dita Xornada é gratuita, aínda que necesaria por razóns loxísticas, e para elo basta con enviar un correo electrónico ao enderezo juangabriel.alvarez@usc.es, incluíndo a siguiente información: nome e apelidos, empresa ou institución, actividade desempeñada e un correo electrónico de contacto. Na Web da Reunión (http://www.usc.es/congresos/secf2011/) pode consultarse o programa e toda a información da mesma.