Presentación do libro "Por surcos y calles. Movilización social e identidades en Galicia y País Vasco (1968-1980)" editado polo membro de HISTAGRA, Daniel Lanero Táboas

Hoxe xoves 14 de novembro ás 19.00h presentarase o libro Por surcos y calles. Movilización social e identidades en Galicia y País Vasco (1968–1980) (Catarata, 2013), na Libraría Couceiro (Praza de Cervantes, 6, Santiago de Compostela).
O libro está editado polo investigador membro de HISTAGRA (USC) Daniel Lanero Táboas.
No acto de presentación intervirán Emilio Pérez Touriño, Ex–Presidente da Xunta de Galicia, Lourenzo Fernández Prieto, Catedrático de Historia Contemporánea USC, Xan López Facal Profesor da USC e o editor da obra Daniel Lanero Táboas.