Conferencia de David Soto Fernández na Aula de Máster en Historia Contemporánea
O vindeiro mércores 4 de maio, ás 12.00 horas na Aula de Máster en Historia Contemporánea, David Soto Fernández (Universidad Pablo de Olavide de Sevilla) imaprtirá a conferencia “Perspectivas en Historia Ambiental. Xiro material e metabolismo social”.
David Soto Fernández (Sevilla, 1972), é profesor no Departamento de Geografía, Historia y Filosofía da Facultad de Humanidades da Universidad de Sevilla. As súa tese doutoral: “Transformacions productivas na agricultura galega contemporánea. Da Agricultura Orgánica á Revolución Verde (1752-1986). Unha aproximación a partir das macromagnitudes”, foi dirixida por Lourenzo Fernández Prieto, no Departamento de Historia Contemporánea e de América, Universidade de Santiago de Compostela.
As súas liñas de investigación son: Historia Ambiental, Historia Agraria; Campesinado; Conflictividad campesina; Historia de Andalucía, Agroecología e Historia.