HISTAGRA coordinará un número especial da revista Workers of the World dedicado á conflitividade no mundo rural contemporáneo

O Grupo de Investigación HISTAGRA coordinará un número especial da revista Workers of the World, publicación periódica da Asociación Internacional Strikes and Social Conflicts.

Este número, cuxa publicación está prevista para o verán de 2014, levará por título: "Conflictividad en el mundo rural contemporáneo: nuevas lecturas de un viejo problema". Este dossier será coordinado polos investigadores de HISTAGRA, Lourenzo Fernández Prieto, Miguel Cabo, Daniel Lanero, Antonio Míguez e Ana Cabana.

A continuación reproducimos o Call for papers (chamada) dirixida a todos aqueles autores/as que desexen participar deste número:

Esta convocatoria de artigos, relativa a un número especial da revista Workers of the World (http://www.workeroftheworldjournal.net/) dedicado ao tema Conflitividade no mundo rural contemporáneo: novas lecturas dun vello problema diríxese a doutorandos e investigadores (independentes ou con vínculo a algunha institución) de todo o mundo.

Os artigos poden ser presentados nos seguientes idiomas: inglés, francés, español, portugués e italiano. Os artigos seleccionados serán publicados en inglés, sendo a responsabilidade da tradución os propios autores nos dous meses posteriores á aprobación da súa publicación por parte da revista.

Sobre o número especial, sobre a Conflictividade no mundo rural

Este número especial da revista Workers of the World pretende plasmar as potencialidades da Conflitividade no mundo rural contemporáneo, trátase de repensar a conflictividade dos que como campesiños, xornaleiros, arrendatarios, agricultores, etc. traballaban a terra; desde novas aproximacións metodolóxicas ou temáticas.

Abordamos neste número a conflitividade no mundo rural contemporáneo. O conflito campesiño estivo na base da crise do Antigo Réxime e das revolucións liberais; como loita pola terra focaliza grandes movilizacións e conflitos nos sistemas liberais ou despóticos, sexa a favor da reforma agraria (México, 1911, Rusia, 1917, España, 1936, Portugal, 1974) ou da independencia (Irlanda ou Finlandia), tamén na emerxencia das novas nacións centroeuropeas despois da Iª guerra mundial; despois de 1945 protagoniza a descolonización e a revolución en moitos países de Asia, América e África e incluso protagoniza a emerxencia da corrente de denominada de estudos campesiños nas ciencias sociais.

Esta conflitividade segue reproducíndose no presente global, para apreciarse agora no plano ambiental ou no identitario. Tal persistencia esixe relecturas do pasado para apreciar a diferencia e as similitudes entre os campesiños do pasado e os agricultores do presente, entre propietarios e xornaleiros, entre campesiños pluriactivos e agricultores a tempo parcial ou entre os diferentes grupos intermedios das sociedades rurais.

Esta aproximación contemporánea non pode excluir, en todo caso, a conflitividade dos campesiños no medievo ou a antigüedade, continuamente releída desde as perspectivas do presente, polo que aportacións nesta liña tamén serán tidas en conta para este número.

Para a selección dos traballos que configuren o número priorizanse os seguientes aspectos, desde unha perspectiva global.

a)  Aspectos historiográficos, metodolóxicos e conceptuais. Campesiños en conflito e campesiños como suxeito histórico. Xornaleiros, campesiños e agricultores en conflito interno i externo. Dos rebeldes primitivos de E. Hobsbawm aos estudos campesiños de Th. Shanin para chegar aos débiles armados de J. Scott, sen esquecer os campesiños-operarios urbanos de E. P. Thompson.

b) Conflitos ambientais e produtivos. O medio e a produción; conflitividade en torno aos recursos produtivos e o seu manexo: conflitos socio-ambientais na construción histórica dos agroecosistemas. A nova historia ambiental e a agroecoloxía proporcionan aquí puntos de vista novedosos.

c) Propiedade, posesión e loita pola terra; con especial atención aos bens comunais. Un asunto clásico na historiografía clásica británica ou francesa.

d) Identidades contrapostas (culturais, sociais, tecnolóxicas...): rural-urbano. R. Williams pode ser aquí unha das referencias necesarias.

e) Campesiños, agricultores e conflitos políticos contemporáneos: liberalismo, socialismo, fascismo e democracia. Os debates propiciados por de B. Moore, T. Skopol e outros merecen ser revisitados neste punto.

f) Emigración e conflitividade agraria: como os agricultores ou campesiños que emigran exportan ou desenvolven novas formas de conflitividade. E como os agricultores ou campesiños retornados desenvolven ou importan novas formas de conflitividade.

En suma, diferentes conflitos no tempo e o espazo poden observarse desde puntos de vista diferentes e por iso tambén sería estimable, aínda que non imprescindible, un diálogo coas teorías das ciencias sociais que estudan a acción colectiva (teorías de mobilización de recursos, coxuntura de oportunidades políticas, etc.). En todo caso, calquera que sexan os enfoques, debe terse en conta que máis que afrontar cuestións metodolóxicas e teóricas de forma abstracta, os artigos propostos deberán presentar os resultados das investigacións empíricas sobre Conflitividade no mundo rural, estraendo as novas conclusións teóricas ou metodolóxicas que correspondan e contrastándoo con outras aproximacións.

Calendario

• Entrega dos artigos polos autores: 1 de setembro de 2013 – 15 de xaneiro de 2014
• Proceso de selección por parte do editor do número: 15 de xaneiro de 2014 – 31 de xaneiro de 2014
• Proceso de avaliación: 1 de febreiro – 15 de marzo de 2014
• Notificación da aceptación do artigo pola revista:  15 de marzo de 2014
• Entrega da versión definitiva do artigo (en inglés) polos autores: 15 de marzo – 15 de maio de 2014
• Revisión final por parte dos editores: 15 de maio – 15 de xuño de 2014
• Publicación on line: 30 de xuño de 2014

Nota:  Non se aceptarán artigos enviados polos autores despois das datas indicadas anteriormente. 

Entrega dos artigos

Todos os artigos deben ser enviados a este enderezo de e-mail histagra@usc.es, con cc para workersoftheworld2012@yahoo.co.uk.

Os artigos poden ser enviados en: inglés, francés, español, portugués e italiano. Os traballos seleccionados serán publicados en inglés, deixando a responsabilidade de traducir aos propios autores dentro dos dous meses seguientes á aprobación da súa publicación na revista. Na versión final, en inglés, os artigos non deben exceder as 5.000 palabras (incluíndo notas e espazos) e deberán presentarse utilizando o tipo de letra Times New Roman, tamaño 12, interliñado 1.5.

Poden consultarse todas as características da edición no link:
http://www.workeroftheworldjournal.net/index.php/autor-guidelines/english-version

Proceso de selección e avaliación dos artigos

Os artigos serán seleccionados inicialmente polos editor deste número especial sobre a base dos parámetros especificados neste documento. En total, vinte artigos serán enviados anónimamente a avaliadores por parte do editor. Cada traballo será revisado por dous avaliadores. Sobre a base dos comentarios dos avaliadores, o director seleccionará os doce textos que se publicarán.

Para obter máis información, póngase en contacto co el editor da edición especial da seguiente dirección: HISTAGRA histagra@usc.es.

Documents