VII Simposio da "Sociedad Latinoamericana y Caribeña de Historia Ambiental"

Entre os días 15 e 18 de outubro de 2014 celebrarase na Quilmes (Bos Aires, Arxentina) o VII Simposio de la Sociedad Latinoamericana y Caribeña de Historia Ambiental, organizada polo Centro de Estudios de la Argentina Rural e a Universidad Nacional de Quilmes, Arxentina.

O convite a participar está aberta aos que, desde calquera campo disciplinar, examinen con perspectiva histórica as relacións entre medio ambiente e sociedade. Os interesados poderán propoñer mesas temáticas ou enviar ponencias individuais. As mesas temáticas deberán contar cun mínimo de 3 ponencias e un máximo de 5 e os resumes serán avaliados individualmente.

Co propósito de orientar a organización das mesas propónse os seguientes eixes temáticos:

  • Cultura da natureza en América Latina.
  • O ambiente como obxecto de estudo: social, político, económico, histórico, xeográfico.
  • Ciencias naturais, ciencias sociais e historia ambiental.
  • A crise global do ambiente: responsabilidades, tarefas e desafíos para a historia ambiental.
  • Estado da historia ambiental latinoamericana e caribeña: historiografía, teoría, método, investigación, docencia e historia aplicada
  • Cidade e medio ambiente
  • Historia, ambiente e sector rural-forestal
  • Minería en América Latina e o Caribe
  • Transformacións da paisaxe
  • Ecoloxía política
  • Biodiversidade e conservación
  • Outros


As propostas de mesas, ponencias e posters recibiranse até o 1 de abril de 2014, a través do siguiente correo: simposiosolcha@unq.edu.ar

A extensión dos resumes serán dun máximo de 2.500 caracteres (con espazos), interliñado de 1,5, fonte Times New Roman 12. Indicar: título da ponencia, nome e pertenza institucional do autor ou os autores, enderezo de correo electrónico, eixe temático no que se inscribe. Aceptaranse até  dous traballos por autor, xa sexa como participante individual ou de conxunto. Tamén está aberta a recepción de propostas de posters. Os mesmos
poderán tratar sobre algún dos temas das mesas.

A información relativa á organización do simposio poderán encontrala en:

http://solcha.blog.unq.edu.ar/wp-login.php
https://www.facebook.com/#!/viisimposio.solcha