Seminario de debate con Carlos Gil Andrés: reflexións en torno a Piedralén: Historia de un campesino

O Grupo de Investigación HISTAGRA: Historia Agraria e Política do Mundo Rural. Séculos XIX e XX celebra o vindeiro venres 19 de abril ás 10.00 horas un novo seminario de debate con Carlos Gil Andrés como investigador convidado. O seminario levará por título: “Historia de un campesino. Historia Social, biografía y fuentes orales” e xirará arredor da investigación histórica que deu lugar ó seu coñecido libro: Piedralén: Historia de un campesino: De Cuba a la Guerra Civil (Marcial Pons, 2010).
Nesta ocasión os seminarios de HISTAGRA trasládanse o Consello da Cultura Galega (CCG), institución coa se co – organiza a actividade. O seminario celebrarase na Biblioteca do Consello de 10h a 13h. A Profesora e Investigadora de HISTAGRA Aurora Artiaga, realizará unha introdución crítica á obra de Carlos Gil Andrés; a continuación o convidado desenvolverá a súa presentación e finalmente o acto pecharase cun debate colectivo aberto a todos/as os/as asistentes.
Carlos Gil Andrés (Logroño, 1968) é profesor de historia no IES Rey Don García de Nájera (La Rioja) e profesor asociado na Universidad de La Rioja. Publicou, entre outros traballos, Echarse a la calle. Amotinados, huelguistas y revolucionarios. La Rioja, 1890-1936 (Zaragoza, Prensas Universitarias, 2000); La República en la plaza: los sucesos de Arnedo de 1932 (Logroño, Instituto de Estudios Riojanos, 2002); Lejos del frente. La guerra civil en la Rioja Alta (Barcelona, Crítica, 2006); Historia de España en el Siglo XX e Breve historia de España en el siglo XX (Barcelona, Ariel, 2009 y 2012), xunto a Julián Casanova; Piedralén. Historia de un campesino. De Cuba a la Guerra Civil (Madrid, Marcial Pons, 2010); e 50 cosas que hay que saber sobre Historia de España (Barcelona, Ariel, 2013).